lunes, 2 de marzo de 2009

Praia de Esmorode

Outra praia fluvial ,das dúas cas que conta o río Xallas ó seu paso por Santa Comba, é a de Esmorode. Atópase na parroquia de Alón. Ésta praia está mellor conservada e coidada que a de San Salvador. Conta cun amplo aparcadoiro, e unhas escaleira que conducen dende dito aparcadoiro ata o merendeiro, é un merendeiro de grandes dimensións, dotado de mesas e asentos de pedra,catro barbacoas, uns servicios que en época de verán tamén son empregados coma vestiarios, unha fonte de auga potable.
Esta praia conta cunha pequena zona de area, baixando do aparcadoiro á esquerda pegada á ponte que é empregada como acceso á auga, aínda que tamén conta cun par de escaleira ó igual que a de San Salvador.
Á dereita da praia hai unha pequena presa que atravesa todo o río, no inverno está aberta pero no verán tápiase para que suba máis o nivel da auga e mellorar o baño.
Como aspecto negativo desta praia, imos criticar dous vertidos de xurro, que se poden observar dende o merendeiro da praia, das fincas que hai enfronte desta, e que aparte de ser un problema de contaminación é un problema estético para a xente que acode alí.

A vexetación é a tipica de ribeira: Ameniro (Alnus glutinosa), Bidueiro (Betula alba),Sauce chorón (Salix babilonica)... ; ademáis no merendeiro hai especies coma o Plátano de sombra (Platanus x hibrida), Carballo Americano (Quercus rubra), Carballo do país (Quercus robur)...

0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você